O venres 4 de maio, ás 11:00 horas, Casa das Asociación de Benestar Social de Santiago de Compostela (Rúa Manuel María, nº 6) representantes de ONGs galegas presentaremos a campaña que cada ano leva a cabo o sector social co fin de concienciar ás/aos contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e aportar o 0,7% da cota íntegra a programas para os máis desfavorecidos: persoas maiores, persoas con discapacidade, infancia, mulleres...
Análise da ONG de Desenvolvemento a través da Coordinadora estatal de ONGD
Madrid, 11 de xaneiro de 2012. Dous anos despois do terremoto que arrasou Porto Príncipe e nun contexto marcado por severos recortes en cooperación, a ONG de Desenvolvemento españolas que traballan no país renden contas, explican o seu traballo e analizan os retos que quedan por diante na promoción do desenvolvemento do país.
Hoxe máis de 1.400 millóns de persoas viven en situación de pobreza extrema e case 1.000 millón sofren fame. Ademais, o 2011 pasará tristemente á historia como ano no que se declarou a primeira gran crise de fame do século XXI, que hoxe afecta a 11 millóns de persoas no Corno de África.
Un ano despois da sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza, e co obxectivo de denunciar os drásticos recortes en cooperación ao desenvolvemento e esixir responsabilidades á Xunta de Galicia, a Coordinadora Galega de ONGD poñe en marcha unha campaña de envío de queixas ao Valedor do Pobo.
Unha representación das ONGD galegas presentou o luns 4 de xullo no rexistro de San Caetano máis dunha vintena de recursos administrativos contra as dúas ordes aprobadas o pasado 24 de maio pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia.
A Coordinadora Galega de ONGD emprenderá medidas administrativas e xudiciais, se é preciso, contra as dúas ordes aprobadas o 24 de maio que, unha vez máis, dinamitan a cooperación galega. Sostén que en dous anos o goberno galego reduce un 48% o orzamento dedicado á loita contra a pobreza mundial.
Como parte dunha cidadanía global que cre na necesidade dun mundo máis xusto e solidario, a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGOND), felicita as manifestacións de participación cidadá que nos últimos días se etán producindo en todo o territorio español; manifestacións que "son ante todo un exercicio efectivo da democracia".
Con motivo da Semana Mundial pola Educación (SAME 2011), tiveron voz no Parlamento de Galicia 10 centros educativos galegos e representantes das ONGD que encabezan esta campaña: Axuda en Acción, Entreculturas, Educación Sen Fronteiras, Seminario Galego de Educación para a Paz, Intered, Jóvenes y Desarrollo.
O vindeiro 5 de maio, a Coordinadora Galega de ONGD organiza o acto “Teño unha pregunta para vostede” no que as persoas que encabezan as listas do BNG, EU, PP e PSOE, entre outros, someteranse ás preguntas da cidadanía en materia de solidariedade, cooperación e medio ambiente.
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de asinar dous convenios de colaboración polos que achegará 90.000 euros ao fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD, e 60.000 máis á realización de actividades de formación e sensibilización en materia de cooperación exterior na Universidade da Coruña.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics