Ter 12 anos, ser nena e vivir nunha familia pobre é unha situación de extrema vulnerabilidade. A escaseza de recursos, os patróns culturais e a propia condición de ser nena leva consigo riscos e privacións dos seus dereitos básicos como o dereito á educación, á protección ante a violencia, á saúde ou a decidir.
Intervida asinou un acordo de colaboración co Centro de Estudos Adams grazas ao que reforzará varios dos seus proxectos de desenvolvemento en Burkina Faso (cuarto país máis pobre do planeta). Como parte das súas accións de responsabilidade social, Adams apoiará a delegación de Intervida no país na execución de varios proxectos educativos e de desenvolvemento agrícola.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics