"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade España II Seminario Internacional de Educación Crítica para a Cooperación ao Desenvolvemento
Venres, 17 Febreiro 2012 10:05

II Seminario Internacional de Educación Crítica para a Cooperación ao Desenvolvemento

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)

Coa participación de representantes de redes, movementos e organizacións sociais de África, América Latina, Asia e Europa, así como de académicos, estudantes e representantes de ONGDs, terá lugar en Madrid, do 1 ao 3 de marzo, o II Seminario Internacional de Educación Crítica para a Cooperación ao Desenvolvemento.


A organización do evento está coordinada por IEPALA (Instituto de Estudos Políticos para América Latina, Asia e África), en colaboración co Comité Técnico de Seguimento conformado por membros de universidades e institutos universitarios de España (*), unidos no obxectivo de debater e cuestionar criterios e posibles liñas de traballo conxunto en materia de formación para a cooperación ao desenvolvemento.

Neste Seminario participan recoñecidos investigadores, académicos e representantes de redes e organizacións sociais procedentes do catro continentes, entre os que se atopan Boaventura de Sousa Santos (CES Coimbra), Remy Herrera (CNRS París), Oscar Jara (Red Alforja. CEAAL), Jorge Balbis (ALOP), Taoufik Ben Abdallah (ENDA Tiers Monde) y Antonio Tuján (IBON Foundation), así como Montserrat Galcerán e Heriberto Cairo dla Universidad Complutense de Madrid y Mariluz Ortega de ETEA - Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales de la Universidad de Córdoba.

O Seminario estrutúrase en dous momentos distintos:

  • Primeira xornada, xoves 1 de marzo: presentación das distintas redes e organización sociais participantes, na sede de IEPALA (cale Irmáns García Noblejas de Madrid, 41, 8ª planta).
  •  Segunda e terceira xornadas, venres 2 e sábado 3 de marzo: sesións, relatorios e grupos de traballo do Seminario, en CaixaForum Madrid, o Centro Social e Cultural da Fundación "a Caixa" no Paseo do Prado.


Análise, formación e cambio

As sesións do II Seminario Internacional de Educación Crítica para a Cooperación ao Desenvolvemento terán como eixo transversal a análise e debate sobre a formación para un cambio transformador da cooperación ao desenvolvemento, así como o papel que teñen que cumprir os centros de investigación e estudos e a sociedade civil organizada nestes procesos de cambio das relacións internacionais Norte -Sur.

Esta segunda edición do Seminario apunta, entre outros, a seguir profundando na análise e formulación de realidades, o que resulta ademais fundamental na experiencia formativa de quen aspiran a dedicarse ao estudo de temas sociais, políticos e, aínda máis, aos desafíos que nos vencellan como seres humanos que compartimos espazos, loitas e preocupacións polas relacións de igualdade/desigualdade que se establecen actualmente entre os países.

(*) Comité Técnico de Seguimento:

  • UCM (Universidade Complutense de Madrid)
  • UC3M (Universidade Carlos III de Madrid)
  • UEX (Universidade de Estremadura)
  • Instituto Universitario IEPALA UCM
  • IUEJC (Instituto Universitario de Estudos Xurídico-Críticos da Universidade Complutense de Madrid)
  • ULL (Universidade da Lagoa)


Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31