En xuño do pasado ano celebrábase a 1ª edición, sendo esta un gran éxito de participación e no que se deron cita grandes entidades como Repsol, Rede Eléctrica de España, Endesa, Grupo Sifu, Vodafone, AXA, F. A Caixa, Orange, Banco Sabadell, Capgemini, Universia Grupo Santander, Cuatrecasas, KPMG ou Eroski, participando así algo máis de 3.000 demandantes de emprego con discapacidade e superándose as previsións iniciais.
A Feira nace con carácter anual e cun claro obxectivo de inserción laboral do colectivo de personas con algunha discapacidade, pondo en contacto a grandes entidades mediante os seus departamentos de RRHH con persoas que buscan emprego e teñen unha discapacidade - xa sexa física, psíquica ou sensorial. Desta forma preténdese axilizar masivamente os procesos de selección da empresa, xa que alí cada departamento entra en contacto directo co candidato e pode facer alí mesmo a primeira entrevista, facilitando así os longos e custosos procesos antes da contratación, e que durará en función das estimacións de cada entidade e persoa. Máis información referente ao evento en www.feriadiscapacidad.com .











