A Fundación Repsol pertence á petroleira do mesmo nome, que obtén desde 1999 ingresos millonarios en Ecuador coa extracción de petróleo. Con estes pequenos proxectos, a transnacional petroleira Repsol lávase a cara, píntaa de verde e outórgase unha imaxe amigable -con diñeiro público-.
A coordinadora de ONG españolas en Ecuador rexeita contundentemente este financiamento e sumámonos ao rexeitamento enviando cartas ao presidente da Axencia española de Cooperación Internacional, pedíndolle que retire inmediatamente o financiamento. Ti tamén podes facelo agora.
E por favor, axúdanos a difundir amplamente esta protesta. Entrega de firmas de protesta á FAO.











