Esta medida vén precedida doutras similares nas Comunidades Autónomas gobernadas polo PP onde a política de cooperación foi relegada a un segundo plano e, nalgúns casos, chegou practicamente a desaparecer da acción do goberno.
Esperamos que esta medida non supoña a instrumentalización da política de cooperación a favor de intereses económicos. Unha preocupación que se desprende das declaracións do Presidente do Goberno nas que o Ministerio de Asuntos Exteriores é chamado, xunto ao de Economía e ao de Facenda a liderar a recuperación económica en España.











