"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade España A oportunidade de poder estudar
Martes, 13 Decembro 2011 09:16

A oportunidade de poder estudar

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)
A oportunidade de poder estudar Intervida

Ter 12 anos, ser nena e vivir nunha familia pobre é unha situación de extrema vulnerabilidade. A escaseza de recursos, os patróns culturais e a propia condición de ser nena leva consigo riscos e privacións dos seus dereitos básicos como o dereito á educación, á protección ante a violencia, á saúde ou a decidir.

Concienciar ás familias da importancia de que as nenas continúen na escola e facilitarlles apoio para iso, é o obxectivo da campaña ELLA. Con esta iniciativa, Intervida quere sensibilizar e buscar a complicidade da sociedade para crear un fondo de bolsas para 3.000 nenas de 12 anos de Burkina Faso, El Salvador e Bangla Desh. Así, poderán continuar os seus estudos e optar a unha mellor calidade de vida que lles permita romper coa pobreza e os seus riscos.

No mundo viven 600 millóns de nenas adolescentes, 250 millóns con menos de 2 $ diarios. Neste contexto e ante a inexistencia dunha educación secundaria obrigatoria na maioría de países en desenvolvemento, é habitual que as nenas abandonen a escola despois da primaria e queden relegadas ao coidado da casa e irmáns, se convertan en esposas e nais antes de tempo, sexan enganadas por mafias, ou convertida en mercadorías de venda pola súa propia familia para saír adiante.

Non obstante, reverter esta situación é posible. Jesmin, Runa,Shadia e Fatema forman parte da primeira xeración que tras cursar estudos de primaria nunha das escolas de Intervida en Bangla Desh finalizou a secundaria. Agora teñen a posibilidade de ir á Universidade, e a diferenza dos seus pais e avós enfróntanse a un futuro con maiores oportunidades. A campaña ELLA quere que outras 3.000 nenas como Jesmin, Runa, Shadia ou Fatema teñan unha oportunidade.

A educación supón un futuro para elas e as súas familias. Dálles a oportunidade de formarse para poder optar a un traballo digno, tomar decisións e defender os seus dereitos. É un feito que cando as mulleres obteñen ingresos, reinvisten un 90% nas súas familias; pero tamén que cando unha nena recibe sete ou máis anos de educación, casa catro anos máis tarde e ten 2 fillos menos; e que por cada ano adicional de educación primaria que recibe aumenta o salario entre un 10 e un 20%, e entre un 15 e un 25% por cada ano adicional de secundaria.

Queres colaborar con Intervida? Aquí tes toda a información. Só tes que decidirte e encher o formulario con todos os teus datos e a achega económica que prefiras. Tamén podes difundir e compartir a campaña nas redes sociais, como Facebook e Twitter, publicando o vídeo ou facendo un twit co #YotambiénsoyELLA.


Máis información

 


Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31