A crise económica disparou a venda de Lotaría de Nadal. Este ano, cada cidadán español investirá 75 euros de media neste xogo de azar. Non somos conscientes de que, en realidade, a lotaría xa nos tocou. Mentres aquí soñamos co Gordo para facer a viaxe das nosas vidas, pagar a hipoteca ou comprar un coche, noutros lugares do mundo os sonos camiñan por outros rumbos. Moitas familias empobrecidas de Guatemala, por poñer só un exemplo, soñan con ter acceso a un médico de familia ou con que o parto non signifique ter un 73% de posibilidades de morrer nalgunhas zonas do país.
Dende Anesvad cren que o Dereito e o Acceso á Saúde non deberían ser cuestión de sorte, e para evidenciar a súa vulneración, crearon unha campaña que reclama a súa realización en todos os lugares do planeta, pero en especial, en Guatemala.
A campaña xira en torno á compra de tres décimos de lotaría cuxos números coinciden con problemáticas reais de tres poboacións de Guatemala. Un país no que a ONGD implementar un Programa de Promoción e Protección do Dereito á Saúde que ten como obxectivo mellorar o acceso á saúde das poboacións máis desfavorecidas de San Marcos, Totonicapán e Sololá.
Os décimos de lotaría -sen validez para ningún sorteo- teñen o simbólico prezo dun euro e poderanse adquirir entre o 9 e o 21 de decembro, a través de:
- As oficinas de Anesvad, en Bilbao (Henao, 29) e en Madrid (Cea Bermúdez, 31).
- Os kioskos de venda de lotaría simulada que instalamos en Bilbao (Rúa Doutor Areilza, 32 e a Praza do Ensanche, 11) e en Madrid (Centro Comercial de Xanadú).
Os fondos que se recaden con esta campaña, que se pechará o día 22 de decembro, coincidindo co Sorteo Nacional de Lotaría de Nadal, irán integramente destinados ao Programa de Promoción e Protección do Dereito á Saúde de Guatemala, cuxa información se recolle amplamente no último número da revista e na páxina web e no canal de televisión. Neste último pódense ver xa, por exemplo, vídeos nos que aparecen tanto a poboación coma o territorio beneficiado polo proxecto.
A campaña, na rede
A campaña complétase cunha microsite na que, ademais de poder comprar os décimos de lotaría, tamén se informa do proxecto e da propia campaña, que conta á súa vez cunha ampla presenza en redes sociais como Facebook. Os que adquiran un décimo poderán compartilo no seu muro, regalalo ou, simplemente, invitar outros a que se sumen a esta acción. A evolución da campaña poderá seguirse, ademais, por esta canle.
Outros datos de interese
- Case o 70% da poboación española conta cun centro de atención sanitaria a menos de 1 km. de distancia do seu domicilio. En Guatemala, moitas familias percorren preto de 35 km. para acceder ao seu centro de saúde máis próximo; as comunicacións e o transporte supoñen un obstáculo.
- En España hai un médico por cada 300 pacientes, mentres que en Guatemala só hai un por cada 2.700.











