Con esta Axenda de Infancia, Save the Children fixo unha análise da situación dos nenos e nenas que viven en España. Está dirixida ao próximo Goberno, aos partidos políticos, aos deputados e deputadas así como ao resto de institucións de Estado con propostas específicas baseadas nas recomendacións do Comité dos dereitos do neno, para unha mellor protección e garantía dos dereitos da infancia no noso país durante a X Lexislatura.
No prólogo da axenda, Jorge Cardona, membro do Comité de Dereitos do Neno de Nacións Unidas asegura que "aqueles que traballamos polos dereitos dos nenos estaremos moi atentos a como responden os poderes públicos ante estas propostas e poñeremos todo o noso esforzo por facer chegar ao maior número posible de cidadáns o resultado".
No novo curso político, propoñen ao Goberno cinco grandes materias en materia de infancia:
- Apoiar as familias, tanto con axudas económicas coma favorecendo a conciliación laboral e promovendo a parentalidad positiva (educar sen pegar). El 24,1% dos nenos e nenas en España atópanse en risco de pobreza.
- Protexer os nenos e nenas contra a violencia, o abuso e a explotación. En España estímase que arredor do 20% das nenas e o 15% dos nenos sofre algún tipo de abuso sexual antes de cumprir os 17 anos, tan só o 10% o denuncia.
- Asegurar unha educación pública de calidade para todos os nenos e nenas. A porcentaxe de abandono escolar en España sitúase no 31,2%, máis do dobre da media europea.
- Promover a participación infantil e o dereito a ser escoitado. O 83% dos nenos e nenas en España non sabería como pedir axuda en caso de que os seus dereitos sexan vulnerados.
- Garantir que a infancia sexa unha prioridade da Cooperación para o desenvolvemento. Case 8 millóns de nenos e nenas morren cada ano no mundo antes do seu quinto aniversario por causas prevenibles ou curables.
Fronte a estes cinco grandes retos elaboraron unha lista de recomendacións, entre as que se encontran reformas lexislativas, maior dotación de recursos e maior coordinación entre administracións, ademais de novas medidas como a creación da figura do Defensor da infancia, ampliar a duración das baixas por maternidade e paternidade ou prohibir o castigo físico no Código Civil.
Estas e outras propostas recóllense na Axenda, que xa foi enviada aos candidatos que concorren ás próximas eleccións xerais. Unha vez que comece o curso político, Save the Children entregará unha axenda a cada un dos deputados e deputadas para que a usen como ferramenta de traballo ao longo da lexislatura. Cada 20 de novembro avaliarán ata que punto estas recomendacións se tiveron en conta.











