|
O próximo mércores 27 de febreiro, o Teatro Colón acollerá as actuacións de Lucía Aldao, Pedro Brandariz e a Coral Follas Novas, tres artistas que se xuntan por unha causa solidaria: darlle voz ás enfermidades raras.
|
|
Por 6 euros poderemos disfrutar dun mércores pouco frecuente no Teatro Colón. Para asistir a esta Gala Benéfica pódense adquirir as entradas na páxina: www.servinova.com (http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/varios/2145-ii-gala-benefica-dia-mundial-de-las-enfermedades-raras.html), no teléfono 902 504 500, na taquilla do Teatro Colón, na sede de Novacaixagalicia na Coruña e na Praza de Ourense.
|
|
Entre o 28 de febreiro e o 3 de marzo, FEGEREC colocará mesas informativas por toda a xeografía galega, para dar información sobre as enfermidades raras, de non poder achegarse a unha desas mesas informativas, poden chamar a FEGEREC no 981 234 651 ou escribindo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . |
Cultura Solidaria
25/02/2013








