"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade
Luns, 20 Febreiro 2012 10:30

¿Queres axudar a mandar material escolar a Marrocos?

Escrito por agareso

‘A educación é a arma máis poderosa que podemos empregar para cambiar o mundo”, este é o lema de dous mozos, Marcos Bermúdez (natural de Santiago de Compostela) e Andrés Cavia (de Burgos), aos que lles gusta a aventura, o deporte e, sobre todo, a acción solidaria.

Coa participación de representantes de redes, movementos e organizacións sociais de África, América Latina, Asia e Europa, así como de académicos, estudantes e representantes de ONGDs, terá lugar en Madrid, do 1 ao 3 de marzo, o II Seminario Internacional de Educación Crítica para a Cooperación ao Desenvolvemento.


Xoves, 09 Febreiro 2012 10:37

Teatro Solidario a favor da Fundación Meniños

Escrito por agareso

Mañá venres 10, ás 11:00 h., terá lugar o Acto de Presentación da obra teatral “Rúa dos Soños”, interpretada polos alumnos e alumnas da Aula de Teatro do C.P.I. de Vedra, o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e a Escola Munici¬pal de Teatro do Concello de Laxe, baixo a dirección de Metátese Teatro.


Xanela Aberta ao Sur é un programa de Educación para o desenvolvemento e Sensibilización de AMARANTE cuxo obxectivo principal é achegar á sociedade galega as realidades do Sur e os procesos organizativos que nelas se producen derribando estereotipos e preconceitos sobre as causas e consecuencias da pobreza. Neste ano farase un especial fincapé na perspectiva da feminización da pobreza e contaremos cunha persoa da univesidade especializada neste tema.


A actividade desenvólvese nas catro provincias e encádrase nos Programas Integrados para o Emprego, promovidos pola Consellería de Traballo.


A 2ª edición da Feira discapacidade e Emprego de Barcelona terá lugar os próximos días 30 e 31 de Maio de 2012 no Recinto Feiral de Montjuich Plaza España.


Estimadas amigas e amigos de Salva a Selva: O estado español concedeu fondos de cooperación á Fundación Repsol. O seu fin é executar un proxecto de apoio a comunidades da Amazonía ecuatoriana, onde realizan a súa actividade petroleira.


Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 20

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Últimos comentarios

Calendario

« Febreiro 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29