Dende a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) organizamos e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) organizamos un ano máis, e van oito, o Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional no que ofrecemos a 30 alumnos e traballadores do sector distintas olladas sobre a dimensión máis comprometida da profesión. Dúas das persoas asistentes terán a oportunidade, ademáis, de completar a súa formación cunha viaxe a Marrocos onde visitarán os principais proxectos de cooperación para o desenvolvemento levados a cabo neste país.

O VIII Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional contará, entre outros, con reputados profesionais do terceiro sector, con fotógrafos como Pepe Lamarca ou Mingo Venero (o 18 de abril) e reporteiros como Nacho Carretero, autor de Fariña, (o 4 de abril) ou Lucía Mbomío, unha das principais voces do activismo africano (o 2 de maio). Todos eles ofrecerán a profesionais e estudantes do sector da comunicación as bases da cooperación e da comunicación para o desenvolvemento, así como un catálogo de boas prácticas informativas e un conxunto de claves sobre o tratamento respectuoso dos colectivos en risco de exclusión e máis sobre a elaboración de discursos alternativos en torno aos países do Sur.

O curso celebrarase entre o 7 de marzo de o 16 de maio. A formación, cunha duración de corenta horas lectivas, impartirase os mércores entre as 16 e as 20 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, que colabora con esta iniciativa que conta tamén co apoio da Xunta de Galicia. A inscrición está xa aberta ata o 28 de febreiro por correo-e e ten un custo de 100 €.

Este seminario, que pretende capacitar aos asistentes para a comunicación para o cambio social e favorecer deste modo a inclusión, está incluído dentro do proxecto Escolas sen Racismo.