A Radio

 

Para a nosa organización a radio é unha das ferramentas fundamentais, tanto nos proxecto de Cooperación Internacional como nos de Educación. A súa adaptabilidade ao contexto convírtea nunha das ferramentas de uso máis democrático. A amplitude de formatos (informativos, de ficción e publicitarios) permítenos variar moito os productos realizados e empregalos en sensibilización en diferentes ámbitos. Sempre coa perspectiva de que a ferramenta estea en mans da cidadanía e ésta teña capacidade de elaborar e difundir de forma autónoma as súas mensaxes e contidos.

Así que no caso dos proxectos de cooperación internacional é unha das nosas apostas principais, co apoio ás emisoras comunitarias de Centroamérica e Caribe, tanto de emisión analóxica, que soen estar en mans de comunidades rurais e máis desfavorecidas, como as novas iniciativas de emisoras on line, capitaneadas por movementos socias e activistas. Nós apostamos pola unión de ambos mundo, e por iso puxemos en marcha o proxecto Comunitaria Radio, unha plataforma on line para crear, compartir e difundir contidos sobre dereitos humanos, xénero, medioambiente e identidad.

Comunitaria Radio

No caso dos proxectos educativos, empregamos a radio, tanto para a formación para alumnado e profesorado, como para iniciativas de incidencia política na rúa. Proba de elo son os proxectos Escolas Sen Racismo, O Mundo que Queremos e o Compostela Máis Solidaria. Asesoramos aos colectivos e profesorado que queiran montar a súa propia iniciativa radiofónica e facemos as sinerxias necesarias coas emisoras que queiran traballar en rede.

Ademais temos a nosa propia canle de radio on line, respaldada por Radio ONU

Share This