"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise Blog-Referencias Amosando elementos por tag desenvolvemento
Amosando elementos por tag desenvolvemento

A gravadora é a fiel aliada da e do xornalista radiofónico. Iso foi o primeiro que aprenderon a quincena de estudantes que desde mediados de abril participan no obradoiro impartido por Agareso no CEIP López Ferreiro. O centro compostelán forma parte hai tempo da rede Escolas sen Racismo, promovida por Asemblea de Cooperación pola Paz, e este ano avanza na educación e a comunicación para o desenvolvemento a través da radio.

Publicado Reportaxes

Agareso implementou no verán de 2011 o seu primeiro proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento no exterior. O equipo integrado polas xornalistas Susana Alvite e Carmen Novas impartiu sete obradoiros de radio noutras tantas escolas do Bajo Lempa.


Publicado Proxectos

Carmen e Delicia son o fiel reflexo da efectiva cooperación norte sur. Carmen Parrado, misioneira e cirurxiá española, chegou a Perú nos 80 buscando axudar. Delicia Coroado, fundadora xunto a Carmen da Escola Campesiña de Educación e Saúde, foi a pinza perfecta para poder levar á práctica esta intención de axudar. Ambas levan 18 anos traballando por e para os campesiños da fronteira norte de Perú.

Publicado Reportaxes

A través da rede REAL CODE, promovida por docentes das tres universidades galegas, esta semana celebran o seu primeiro encontro presencial para establecer liñas de traballo conxuntas.

A comunicación é un dereito humano fundamental. Non só por si mesma, senón como ferramenta para facer posible que se cumpran outros dereitos. Por tanto a comunicación para o desenvolvemento debe ser un dos alicerces fundamentais da cooperación.

Publicado A Análise

Os equipos de MSF en Somalia enfróntanse a un reto engadido á xa complicada situación médica e humanitaria da poboación. O sarampelo agrava o estado de miles de nenos desnutridos, e afecta a mozos e adultos por falta de inmunización. O bloqueo das partes en conflito obstaculiza a posta en marcha de campañas masivas de vacinación.

Publicado Mundo

O Secretario Xeral da ONU destacou a brecha que existe entre os compromisos internacionais de axuda ao desenvolvemento e as achegas feitas para este propósito.

Publicado Mundo

Nas VI Xornadas Cultura e Desenvolvemento de Eutopía daranse cita boas prácticas co cine chegadas de África, América Latina e Europa, como Nómades, Fishara ou Pequenos Debuxos Animados.

A UNESCO reúne a 25 expertos en México para repensar o desenvolvemento máis alá de enfoques meramente económicos e técnicos.

Durante os días 25, 26 e 27 de xullo celebrouse na UIMP de Santander unha nova edición dos seminarios que coordina e organiza a axencia Interpress Service (IPS) financiado e promovidos pola AECID. Os países do Sur reivindican non só voz propia senón un xeito diferente de enfocar a cooperación dende o eixe Sur-Sur, que tamén debe reflectirse nunha comunicación ata o día de hoxe pensada e monopolizada polo Norte.

Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 3

Axenda