O blog Referencias analiza o uso perverso que se está a realizar dun modelo que garante necesidades tan básicas para o desenvolvemento individual e colectivo como a sanidade, educación ou servizos sociais.
Foi un encargo por vía remota. Os responsables da IV Convención Anual da ONGD Agareso solicítanllo ao director do centro penitenciario e este, á súa vez, acaba delegando, a devandita petición, nun dos educadores sociais dos módulos máis exemplares do Centro Penitenciario da Lama (Pontevedra).
O blog Referencias reflexiona esta semana sobre a situación na que se atopa a atención sanitaria infantil no mundo actual: "Seguir sometendo a saúde infantil á ameaza da neglixencia política e social é unha indignante forma de renunciar aos principios básicos e fracasar definitivamente como seres humanos"
O blog Referencias reflexiona sobre unha organización exemplar que non dubidou en apoiar os seus proxectos na Comunicación para o Desenvolvemento para amplificar a voz dos campesiños e desenvolver criterios nítidos de Soberanía Alimentaria.
Somos á vez participes e espectadores dun complexo societal no cal as minorías dirixen o destino das maiorías, onde os patróns occidentais imperan sobre os orientais, e no cal os criterios de validez e modos organizativos da norteamérica capitalista intentan liderar o mundo.
Eran os grandes protagonistas como Forza de Traballo (FT) no mercado laboral durante os anos dunha economía alegre e optimista. A outros niveis, contaban cun recoñecemento e a complicidade social para chegar a un grao absoluto de integración. Non existían dúbidas en abrir, de par en par, as portas da convivencia multicultural. A presión chegaba aos escanos do parlamento para que a lexislación marcase un futuro de garantías a aquelas persoas que optaban por migrar da súa realidade co obxectivo de forzar un 'cruzamento de camiños' coas oportunidades.
Tomas Acuña reflexiona no blog Referencias: As cousas melloraron e evolucionaron con infraestruturas melloradas, mais novas. Os servizos préstanse a todos os internos. Hai máis actividades, tanto a nivel formativo, produtivo e/ou de tipo ocupacional: "Máis recursos igual a mellor formación".
Un email cargado do virus da discriminación significou un despedimento fulminante para un mozo letrado que prestaba brillantes servizos administrativos nunha empresa dedicada á xestión pública e privada. Dunha rotunda e sonora felicitación a asinar unha carta de finalización de contrato.
A crítica situación social de México, nalgúns estados máis que noutros, é de tal envergadura que o propio sistema mostra continuas evidencias de incapacidade para mitigar e reducir o grao de violencia existente, así como as súas diversas manifestacións.
A calidade técnica do Terceiro Sector discorre por un carreiro moi esperanzador. O xornalista Juan de Sola reflexiona: "As organizacións sociais consideran que o 70% da súa persoal conta coa formación adecuada para o desempeño do seu traballo, segundo datos do ‘Anuario do Terceiro Sector da Acción Social (TSAS) en España’, elaborado pola Fundación Luís Vives en colaboración con Obra Social Caixa Madrid".

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics