"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise Blog-Referencias Amosando elementos por tag Catástrofe
Amosando elementos por tag Catástrofe
Martes, 21 Febreiro 2012 12:51

O inferno das mazmorras hondureñas

O desastre humano do cárcere de Comayagua, en pleno corazón de Honduras, é froito dunha falta de "todo" no cumprimento dos Dereitos Humanos. A cifra podería acariñar os catro centenares de mortos atrapados nun incendio dun centro penal que, polas características coñecidas, máis ben representaría aos presidios de outrora. Un espazo de reclusión convertido nunha rateira mortal ante a ausencia manifesta de responsabilidade gobernamental, administrativa e profesional.


Publicado Blog-Referencias

Axenda