O blog Referencias analiza o uso perverso que se está a realizar dun modelo que garante necesidades tan básicas para o desenvolvemento individual e colectivo como a sanidade, educación ou servizos sociais.
As Coordinadoras Autonómicas de ONGD, reunidas en Barcelona no marco do seu IX Encontro Anual, piden ao novo goberno do Estado, e aos gobernos autonómicos, que non eliminen das súas axendas as políticas de loita contra a pobreza nun contexto de crise global.
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento únese ás mobilizacións convocadas polas organizacións sociais contra a reforma da Constitución. A limitación do déficit público proposta supoñerá un impacto negativo sobre as políticas sociais e de desenvolvemento, nun momento no que a crise está a afectar de xeito máis agresivo ás persoas máis vulnerables.
Durante o 2010, aumentou o número de nenos, nenas e adolescentes que estiveron en acollemento, 227 menores, e o número de acollementos, 83 novos acollementos e 159 familias que acolleron menores en Galicia.
As 17 Coordinadoras Autonómicas de ONGD e a Coordinadora Estatal reuníronse en Valencia para esixir aos partidos políticos que cumpran cos seus compromisos en materia de cooperación ao desenvolvemento. A xornada foi previa ao acto “Elixe as persoas primeiro, a crise non é escusa”, prevista para o 5 de maio en sete cidades galegas.
A ODS-Coia, xunto ao GAS (Grupo de Axitación Social) lanza unha campaña que leva por título: "Fronte a crise máis dereitos sociais e para todas" que quere denunciar a estrechez das políticas de rendas mínimas en tempos de crise.
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org), dirixido por Xulio Ríos, ven de publicar o segundo informe anual “IGADI WW- We in the World 2011: Nós no Mundo”, baixo o título “Menos acción exterior para internacionalizarse máis?”, un documento que pretende sensibilizar e reflexionar sobre os principais parámetros e retos da acción exterior de Galicia en 2011.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics