O blog Referencias analiza como se xestou a IV Convención CCS de AGARESO.
Todo se decidiu sobre a mesa dunha sala de xuntas da prisión, aínda que se acabo resolvendo nun espazo dominado pola creatividade e denominado: 'Obradoiro Ocupacional'. En lugares como estes, somos capaces de gravar na retina privilexiadas ilustracións dos diferentes sendeiros dos que se compón a reinsercción. Neste caso, grazas a disciplinas como a marquetaría, debuxo, escultura, peiteado, informático, entre outras, un interno ou interna 'prospera axeitadamente' cara á porta de saída.
Ingresar nun dos módulos, que albergan este tipo de programas, é ter a oportunidade de tropezar coas bases da reconstrución social e individual dunha persoa. Moitos dos erros cometidos páganse con longas condenas que privan da tan apreciada liberdade por un período de anos irrecuperables. Tal prezo debe ter unha mínima recompensa.
Por iso, en tan só trinta ou corenta minutos, é posible derrubar muros revestidos co cemento dos tópicos carcerarios, onde a tatuaxe no musculado biceps ou a violencia de moi diversa manifestación quedan desprazadas da rutina diaria. É certo aquilo de que, en moitas ocasións, "o cine non lle fixo un bo favor aos sistemas e programas aplicados dende as Institucións Penitenciarias".
Le a entrada completa no blog Referencias.






