"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise Blog-Referencias Referencias.- Unha saúde infantil ameazada polas neglixencias políticas e sociais
Venres, 30 Setembro 2011 19:45

Referencias.- Unha saúde infantil ameazada polas neglixencias políticas e sociais

Escrito por Juan de Sola
Valore este artigo
(0 votos)
Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

O blog Referencias reflexiona esta semana sobre a situación na que se atopa a atención sanitaria infantil no mundo actual: "Seguir sometendo a saúde infantil á ameaza da neglixencia política e social é unha indignante forma de renunciar aos principios básicos e fracasar definitivamente como seres humanos"

"Seguimos fracasando como seres humanos no momento que izamos a bandeira da humanidade. Insistimos en utilizar unha desas teas de mala calidade que o tempo evidencia coa degradación das cores e a propia insignia. A insaciable meta do enriquecemento persoal e unha nefasta distribución dos recursos constrúe un escenario marcado pola desgracia para preto de 350 millóns de nenos no planeta.

Non é a primeira ocasión que Save the Children intenta atizar nas conciencias coa arrepiante confirmación dunha escaseza de primeira orde. Acaba de denunciar que "son necesarios 3,5 millóns de traballadores sanitarios para garantir unha mínima atención infantil no mundo". O maiúsculo, por non dicir global, problema non empeza e remata con este dato achegado pola ONG.

Ao parecer, este feito podería ameazar, nalgún momento, á vida de centenares de millóns nenos e nenas que ao longo da súa existencia non recibirían unha mínima asistencia sanitaria cualificada. Dito doutra forma, nunca serían atendidos" por un profesional técnico" "nesta materia, circunstancia que reduce a esperanza de vida a un máximo de cinco anos en países como Liberia, Etiopía ou Nixeria".

Le a entrada completa no blog Referencias.

Juan de Sola

Juan de Sola

Xornalista especializado no ámbito social e Comunicación para o Desenvolvemento (CpD). Dezasete anos en exercicio, especialmente, en radio e prensa de ambitos nacional e internacional. Desde o 2002, ano que regreso a Onda Cero Radio, conduce programas e informativos. Foi correspondente de Axénciaa EFE en Pontevedra durante seis anos. foi recoñecido co Premio Nacional ao Mérito Social Penal (Ministerio do Interior do Goberno de España) polo proxecto de radio 'Noutra Onda' realizado cos internos do centro penal da Lama (Pontevedra).

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


Axenda