"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise Blog-Referencias Referencias.- Actor Social – Estética Imperializada
Xoves, 11 Agosto 2011 09:53

Referencias.- Actor Social – Estética Imperializada

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)

Somos á vez participes e espectadores dun complexo societal no cal as minorías dirixen o destino das maiorías, onde os patróns occidentais imperan sobre os orientais, e no cal os criterios de validez e modos organizativos da norteamérica capitalista intentan liderar o mundo.

Esther Pineda G. analiza no blog Referencias o modelo social e estético Norte-Sur: "É a propósito diso que encontramos constantemente sobre o tapete o tema do imperialismo, non obstante, esta preocupación foi circunscrita fundamentalmente aos efectos dun imperialismo político e económico, obviamos a diversidade de espazos da vida social e elementos da nosa cotianidade que impregnou sixilosamente o xerme do imperialismo anglosaxón.

Entre elas chama en particular a atención o proceso mediante o cal a estética foi imperializada, na maioría dos casos pasando desapercibida nas mentes dos homes e mulleres das nosas sociedades modernas.

Vivimos constrinxidos (ás) nun sistema capitalista que dirixe, controla e alterou a forma en que nos vemos, a forma en que desexamos vernos, é dicir, os nosos gustos e desexos. Este feito afondará significativamente a desigualdade social existente, lexitimando e inscribindo criterios de discriminación e exclusión que haberán de transcender a subxectividade da percepción física do outro (a), e que darán paso á formación de dúas novas clases sociais, definidas de antemán como antagónicas e irreconciliables: estéticos e non estéticos".

Le a entrada completa no blog Referencias.

agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


Axenda