"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise Blog-Referencias A cotización á alza da xenofobia
Venres, 05 Agosto 2011 09:19

A cotización á alza da xenofobia Destaque

Escrito por Juan de Sola
Valore este artigo
(0 votos)

Eran os grandes protagonistas como Forza de Traballo (FT) no mercado laboral durante os anos dunha economía alegre e optimista. A outros niveis, contaban cun recoñecemento e a complicidade social para chegar a un grao absoluto de integración. Non existían dúbidas en abrir, de par en par, as portas da convivencia multicultural. A presión chegaba aos escanos do parlamento para que a lexislación marcase un futuro de garantías a aquelas persoas que optaban por migrar da súa realidade co obxectivo de forzar un 'cruzamento de camiños' coas oportunidades.

O blog Referencias publica un análise sobre a xenofobia na sociedade actual :"Os avances na tolerancia colectiva parecían proxectarse nunha dirección modélica e humanizada. Cabe recoñecer que os lazos de pluralidade estaban aínda nun proceso de construción que quedou inconcluso, e moito nos tememos que o compromiso colectivo quedará sen finalizar, polo menos a medio prazo.

Non obstante, a aceptación a recibir persoas inmigrantes era elevada. Apenas xurdían voces discrepantes contra a incorporación, ao noso modelo de convivencia, de persoas asediadas polas dificultades de desenvolvemento persoal, familiar e social (DESC).

Desgraciadamente, aqueles tempos convertéronse nun mero espellismo, "proxectado nun fráxil cristal que se esnaquiza con tan só un leve golpe involuntario". Aquel camiño emprendido para eliminar á integración do catálogo das utopías detívose nos primeiros quilómetros. "Falsas expectativas".
É máis, no presente, algunhas inaceptables versións apuntan a un novo secuestro do progreso social derivado dunha irresponsable práctica política en favor dunha xestión da inmigración baseada en dar facilidades ao recén chegado. "Condutas que aparecen cando o novo rico deixa de selo.

Ese intento por fumigar unha estendida praga de intolerancia, sobre a existencia de seres humanos procedentes da diversidade cultural, converteuse no típico argumento próximo ao 'xénero do cinismo'. Para algúns, no presente, non resulta difícil cambiar a careta de 'progre pola ultraconservador'. Simplemente, porque toca ou non require de elevados esforzos máis que cruzar dunha beira á outra no discurso, pásase sen complexos éticos dunha defensa ao ataque máis feroz".

Le a entrada completa no blog Referencias.

Juan de Sola

Juan de Sola

Xornalista especializado no ámbito social e Comunicación para o Desenvolvemento (CpD). Dezasete anos en exercicio, especialmente, en radio e prensa de ambitos nacional e internacional. Desde o 2002, ano que regreso a Onda Cero Radio, conduce programas e informativos. Foi correspondente de Axénciaa EFE en Pontevedra durante seis anos. foi recoñecido co Premio Nacional ao Mérito Social Penal (Ministerio do Interior do Goberno de España) polo proxecto de radio 'Noutra Onda' realizado cos internos do centro penal da Lama (Pontevedra).

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Video relacionado

Engadir comentario


Axenda