"Non obstante, isto debe seguir mellorando porque seguen existindo carencias na área da formación dos traballadores penitenciarios, en materias tan importantes como a seguridade e o tratamento, homoxeneidade de protocolos de actuación e aplicacións informáticas en todas as áreas de traballo, por mencionar algunhas necesidades.
Esta apreciación contrasta cun dato obxectivo: o case nulo número de "chinazos" (cortes para autolesión). Hai anos que non se ve un interno meterse un mísil ou tomar lixivia como medida de presión. O numero de agresións entre internos ten diminuído en termos xerais, esa subcultura carceraria está en claro retroceso e "temos módulos autoxestionados por internos".
Os chamados módulos de convivencia e respecto logran xerar un clima de mínima tensión que se respira dentro de moitos C.P. Son especialmente rechamantes os resultados onde se desenvolven programas de tratamento ou hai actividades para a poboación reclusa. No marco formativo, en prisión, o crecemento de persoas que acoden á escola é espectacular".
Le toda a súa testemuña no blog Referencias.






