"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise Blog-Referencias Referencias. - A amarga canción das balas ás portas do 'cole'
Martes, 07 Xuño 2011 08:32

Referencias. - A amarga canción das balas ás portas do 'cole' Destaque

Escrito por Juan de Sola
Valore este artigo
(0 votos)

A crítica situación social de México, nalgúns estados máis que noutros, é de tal envergadura que o propio sistema mostra continuas evidencias de incapacidade para mitigar e reducir o grao de violencia existente, así como as súas diversas manifestacións.

A última entrada do blog Referencias narra como "ninguén ousa saír á rúa en horas nocturnas, a non ser que sexa imprescindible por unha causa moi xustificada. Toda precaución por conservar a integridade intacta é sempre unha medida moi excasa. Dar resposta a unha urxencia pode ter unhas consecuencias impredicibles e, en ocasións, letais. Poñer o píe na rúa é un feito similar a inverter toda a sorte dispoñible ao reto de regresar á casa sen unha rabuñadura.

A esta inconfundible realidade parecen estar adaptados os cidadáns de La Estanzuela, un barrio situado en Monterrey, capital do estado mexicano de Novo León. E, en especial, a mestra, Martha Ivette Rivera".

Le completa a experiencia da mestra Martha Ivette no blog Referencias.

Juan de Sola

Juan de Sola

Xornalista especializado no ámbito social e Comunicación para o Desenvolvemento (CpD). Dezasete anos en exercicio, especialmente, en radio e prensa de ambitos nacional e internacional. Desde o 2002, ano que regreso a Onda Cero Radio, conduce programas e informativos. Foi correspondente de Axénciaa EFE en Pontevedra durante seis anos. foi recoñecido co Premio Nacional ao Mérito Social Penal (Ministerio do Interior do Goberno de España) polo proxecto de radio 'Noutra Onda' realizado cos internos do centro penal da Lama (Pontevedra).

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


Axenda