"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise Blog-Referencias Referencias.- Sustentabilidade global, un desafío ineludible
Luns, 04 Abril 2011 08:24

Referencias.- Sustentabilidade global, un desafío ineludible Destaque

Escrito por Beatriz Lorenzo
Valore este artigo
(0 votos)

A directora editorial da publicación falaRSE, Beatriz Lorenzo, reflexiona sobre a idea de que un modelo de goberno global sostible urxe cada vez máis na actual situación, non só económica, senón tamén social e xeopolítica.

A conservación da terra e os espazos e recursos naturais aparece cada vez con máis relevancia na busca dun desenvolvemento sostible. Nacións Unidas calcula que en total case 20 millóns de hectáreas de terras de cultivo - unha área equivalente á metade de terras cultivables de toda Europa - foi vendida ou está en proceso de adquisición no terceiro mundo.

Un dos estudos máis completos sobre a cuestión é probablemente o publicado en 2009 polo Instituto Internacional para o Medio e o Desenvolvemento (IIED), que certifica que a apropiación de terras é un fenómeno en ascenso, e advirte de que é cada vez maior o risco de que campesiños pobres acaben sendo expulsados das súas terras ou perdan o acceso á auga e a outros recursos.

Ademais, o neocolonialismo agrario arrebátalle sen dúbida o traballo ao campesiñado e crea tensións sociais extremas e violencias civís. En relación con este tema, a biodiversidade e a súa xestión estanse a converter nos temas clave da axenda sostible dos últimos tempos.

Le máis no blog Referencias.



Beatriz Lorenzo

Beatriz Lorenzo

Nacín en Ourense en 1982 e licencieime en Dereito (2005) e en Xornalismo (2007). Traballei no sector financeiro e en diversos medios de comunicación e na actualidade son directora editorial do periódico falaRSE editado polo Grupo N-NOVA Responsables; especializado en Responsabilidade Social e Sustentabilidade

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


Axenda