O primeiro balance oficial do réxime totalitario marroquí recoñece tan só un falecido saharaui e 5 policías mortos. Por parte dos medios españois coma a Cadena Ser (fonte fiable para os refuxiados saharauis que viven en Galicia), informouse primeiro sobre a existencia de 11 civis mortos, 160 desaparecidos e máis de 700 feridos, todos eles saharauis. Xa o sábado 12 incluso as fontes oficiais elevaron os mortos a 19 saharauis e 11 policías. Malia todo, fontes saharauis seguen a falar de deceas de asesinados esparexidos polo campamento desmantelado incluso nos aljibes (pozos).
Ao día seguinte do ataque declarouse o toque de queda e quedou prohibida a entrada de xornalistas. De feito un dos poucos que poido informar para España, un reporteiro da Ser, foi apaleado e retirouselle o seu pasaporte para evitar que seguira informando sobre ratzia contra os refuxiados do desaparecido pais saharaui. Os convocantes das concentracións, organizadas pola asociación Solidaridade Galega co Povo Saharaui (entidade coa que AGARESO traballou in situ nos campos de refuxiados hai dous veráns) e o BNG, as califican de “positiva a acollida” por parte dos galegos e participan, mañá Sábado (día 13 de novembro, ás 12 de mañá entre Atocha e La Puerta del Sol) en Madrid nunha manifestación á que acudirán tódalas asociacións españolas do Sáhara, persoas e entidades afins a esta protesta en defensa dos dereitos humáns dos saharauis.
Marrocos busca a tres representantes de España e Mexico para silencialos
Polo momento os refuxiados permanecen,os que poden cobixados en casas de familiares e amigos, ou á intemperie porque o seu campamento, de Gdeim Izik, montado o 9 de outbro a 14Km ao Leste do campo de refuxiados de El Aaiún (Marrocos) e con máis de 7.500 jaimas, casas de adobe e unhas 26.000 personas, “foi totalmente arrasado”. “Os disturbios continuan e os apaleamentos e violacións, están e estiveron sempre, á orde do día, sen que as víctimas teñan o mais mínimo dereito a denunciar” estes delictos ante as autoridades marroquíes, segundo explican Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. A situación é tan grave que a xente non se atreve a sair de casa polo perigo que supón para as súas vidas. E a policía e o exército de Marrocos andan á percura dos representantes internacionais do movemento de Resistencia Saharaui coma os españois Isabel Terrazo e Antonio Velásquez e un compañeiro seu de México. Todos eles están agachados para protexer as súas vidas, e son a única voz que denuncia e facilita novos datos sobre as víctimas aparecidas aos medios de comunicación.
Un neno tiroteado o 25 de outubro
O peche oficial de fronteiras para os profesionais internacionais dos medios de comunicación fíxose efectivo tras a destrucción do campamento de Gdeim Izik, creado,
Segundo as fontes saharauis en Galicia, para reivindicar os dereitos humáns e sociais básicos para o poboación saharaui refuxiada en Marrocos (unha vivenda digna, traballo e os mesmos deitos civis que a poboación colona que reside nos territorios do desaparecido pais do Sáhara Occidental). Esta reivindicación non tivo resposta algunha das autoridades marroquis e entón os desplazados decidiron exhibir símbolos do Frente Polisario e facerse eco das súas reivindicacións reclamando a devolución do seu territorio e o recoñecemento do estado saharaui. Xusto neste intre, o novo asentamento foi arrasado e a súa poboación atacada “de xeito brutal”. Un dos falecidos dos que se ten constancia é un neno o 24 de outubro, cando trataba de pasar o control militar de acceso a este campamento para levar comida nun vehículo no que viaxaba. “Foi tiroteado co pretexto de que levaban armamento e iso é falso e non teñen proba algunha”, puntualiza o delegado saharaui de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Ahmedu Mojtar. De feito a circunstacia de que as familias saharauis en Marrocos teñan que vivir só cunha cartilla de racionamento de 130 euros mensuais, xustificaría esta imperiosa necesidade de achegar os indispensabeis alimentos básicos ao campamento arrasado, tal e como explicou o delegado.
Demora en las protestas oficiales de España
Durante a manifestación realizada en Vigo o martes día 9 de novembro, que xuntou a uns 300 cidadáns, foi especialmente emocionante o momento no que a xoven saharaui, Sida, estudante dun instituto galego, pediu a berros axuda urgente para “o meu pobo, un pobo pacífico que está a ser masacrado, sen que ninguén faga nada para impedilo”. “Axúdennos, por favor, precisamos que nos axuden”, berraba a moza, diante das fotografías do neno tiroteado e de bandeiras do desaparecido estado saharaui”.
Babi Hamadi un saharaui nacionalizado español foi asesinado por atropeio sucesivo dun vehículo da policía marroquina, segundo informou hoxe, venres día 12, TVE e o Goberno Español fixo o seu primeiro posicionamento fronte o ataque a a súa ex colonia. Pediu explicacións e as correspondentes responsabilidades ao respecto a Marrocos e manifestou o su apoio ós xornalistas pedindo que se lles deixe entrar e informar. Esta demora provocou as críticas directas dos representantes saharauis, que salientaron a protesta diplomática plantexada por Francia moitos días antes.











