Non é por facer publicidade desta rede social, a verdade, non creo que hoxe en día faga falta e nin sequera haxa que contar as súas bondades cando conta con máis de 100 millóns de usuarias/os e diariamente xera máis de 55 millóns de mensaxes. Independentemente de que Twitter é o paradigma do borrollismo na rede, que en contadas ocasións se propoñen conflitos públicos e todos somos bos, colaborativos e devoradores de información, hoxe en día non estar en Twitter é estar torto na rede.
Nestes últimos días e tras a intervención dos presidentes Rodríguez Zapatero e Sarkozy na Reunión de Alto Nivel sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), que se celebrou na sede de Nacións Unidas en Nova York, volveuse a falar da Taxa Tobin como instrumento financeiro para sufragar as accións de loita contra a pobreza.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics