O Secretario Xeral da ONU destacou a brecha que existe entre os compromisos internacionais de axuda ao desenvolvemento e as achegas feitas para este propósito.
Do 2 ao 8 de setembro celébrase a semana da cooperación, unha iniciativa promovida dende a Axencia Española de Cooperación ao Desenvolvemento (AECID) coa participación de numerosas ONG, en torno ao labor da cooperación e os cooperantes españois. Este ano, ten como lema "O valor de dar futuro", co que se quere poñer de relevo que a cooperación para o desenvolvemento non é un acto asistencial nin de caridade senón unha canle para acompañar, basicamente mediante financiamento e apoio técnico, os países e poboacións máis vulnerables do planeta no seu desenvolvemento, co fin de lograr unha sociedade global máis xusta.
A UNESCO reúne a 25 expertos en México para repensar o desenvolvemento máis alá de enfoques meramente económicos e técnicos.
Con motivo do Día Mundial da Auga, Intervida lembra que 884 millóns de persoas non poden beber auga potable e máis de 2 mil millóns non teñen acceso a sistemas de rede de sumidoiros, letrinas e saneamento básico
Os movementos sociais integrados na Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD) e na campaña Pobreza Cero presentaron este mércores, en Compostela, os actos para acadar un Pacto Galego contra a Pobreza, nos que participa AGARESO.
Nestes últimos días e tras a intervención dos presidentes Rodríguez Zapatero e Sarkozy na Reunión de Alto Nivel sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), que se celebrou na sede de Nacións Unidas en Nova York, volveuse a falar da Taxa Tobin como instrumento financeiro para sufragar as accións de loita contra a pobreza.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics