"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise Lapsus Linguae
Lapsus Linguae
Lapsus Linguae

Lapsus Linguae (2)

Fidel Martín

Nado en Vigo en plena Primavera de Praga e semanas antes do Maio Francés e deslocalizado fai moitos anos. Desde fai algúns lustros, en estreita relación co Sector Non Lucrativo, primeiro como voluntario e despois como profesional. Aínda que traballei en varios campos, como non podía ser doutra forma neste sector, foi a Cooperación Internacional o que me enganchou no seu momento e no que máis traballei. Fun secretario da Coordinadora Galega de ONGD e dende o ano 2005 deica o 2009, membro do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento. Na actualidade traballo como consutor independente e con outros profesionais do sector solidario constituímos o Instituto de Estudos Sociais e Internacionais (IESI). Apaixonado polas novas tecnoloxías, bloguero en www.fidelmartin.com e presente en case todo iso que chaman 2.0.

Mércores, 06 Outubro 2010 09:25

Twitter, a comunicación global

Escrito por Fidel Martín
Non é por facer publicidade desta rede social, a verdade, non creo que hoxe en día faga falta e nin sequera haxa que contar as súas bondades cando conta con máis de 100 millóns de usuarias/os e diariamente xera máis de 55 millóns de mensaxes. Independentemente de que Twitter é o paradigma do borrollismo na rede, que en contadas ocasións se propoñen conflitos públicos e todos somos bos, colaborativos e devoradores de información, hoxe en día non estar en Twitter é estar torto na rede.
Domingo, 26 Setembro 2010 19:40

Tobin, aos 40 anos resucitou

Escrito por Fidel Martín
Nestes últimos días e tras a intervención dos presidentes Rodríguez Zapatero e Sarkozy na Reunión de Alto Nivel sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), que se celebrou na sede de Nacións Unidas en Nova York, volveuse a falar da Taxa Tobin como instrumento financeiro para sufragar as accións de loita contra a pobreza.

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Últimos comentarios

Calendario

« Febreiro 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29