Nada en San Sadurniño en 1983, é licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pontificia de Salamanca, realizou un Posgrao en Locución no mesmo centro educativo e un Master en Produción Audiovisual na Universidade de Alcalá de Henares e a FAPAE (Federación de Asociacións de Productores Audiovisuais Españois). Comezou a súa carreira profesional na radio no control de son e presentou unha sección nun programa televisivo en horario nocturno. Actualmente redacta artigos para páxinas web e fai locucións por encargo. Dende cativa tivo inquedanzas no ámbito do asociacionismo (pertencendo a entidades xuvenís e culturais) e o terceiro sector. É voluntaria de AGARESO.
Os seus protagonistas falan en profundidade sobre o obradoiro de prevención en consumo de drogas en adolescentes “Di K Non” para Agareso radio.
Download Embed Insertar este video en tu web
A comunicación para o desenvolvemento é unha das variantes presente neste día das Doenzas Raras. A través da voz e experiencia de Marta Pérez, usuaria de COGAMI, temos o testemuño dunha persoa nesta realidade social. Agareso Radio abre a posibilidade de aproximarse a un novo contexto.
Download Embed Insertar este video en tu web
AGARESO realiza a súa segunda incursión nas accións desenvolvidas no obradoiro para a prevención do consumo de substancias psicoactivas en adolescentes " DI-K-Non", creado pola Unidade Terepéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña) e a Fundación Barrié.
AGARESO segue as accións desenvolvidas no taller de prevención de consumo de substancias psicoactivas en adolescentes " Di-K-Non", creado pola Unidade Terepéutica Educativa del Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña) e a Fundación Barrié.
Rolda unha palabra na mente da maioría dos españois dende fai un par de anos: CRISE. Trátase de cinco letras que apertan e, en moitos casos, ata afogan.
Un milleiro de persoas de tódalas idades foron convocadas onte polo movemento 15-M para manifestarse na contra de diversos puntos do actual sistema.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics