"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise Juan de Sola
Juan de Sola

Juan de Sola

Xornalista especializado no ámbito social e Comunicación para o Desenvolvemento (CpD). Dezasete anos en exercicio, especialmente, en radio e prensa de ambitos nacional e internacional. Desde o 2002, ano que regreso a Onda Cero Radio, conduce programas e informativos. Foi correspondente de Axénciaa EFE en Pontevedra durante seis anos. foi recoñecido co Premio Nacional ao Mérito Social Penal (Ministerio do Interior do Goberno de España) polo proxecto de radio 'Noutra Onda' realizado cos internos do centro penal da Lama (Pontevedra).

Novo grupo de participantes no programa 'Sen Barreiras' de Agareso Radio. Mulleres discapacitadas denuncian neste faladoiro os problemas afrontados ante casos de violencia e agresión física, psicolóxica e social a través da iniciativa 'Toleracia 0'

Download Embed Insertar este video en tu web

Martes, 21 Febreiro 2012 12:51

O inferno das mazmorras hondureñas

O desastre humano do cárcere de Comayagua, en pleno corazón de Honduras, é froito dunha falta de "todo" no cumprimento dos Dereitos Humanos. A cifra podería acariñar os catro centenares de mortos atrapados nun incendio dun centro penal que, polas características coñecidas, máis ben representaría aos presidios de outrora. Un espazo de reclusión convertido nunha rateira mortal ante a ausencia manifesta de responsabilidade gobernamental, administrativa e profesional.


O blog Referencias analiza o uso perverso que se está a realizar dun modelo que garante necesidades tan básicas para o desenvolvemento individual e colectivo como a sanidade, educación ou servizos sociais.

Foi un encargo por vía remota. Os responsables da IV Convención Anual da ONGD Agareso solicítanllo ao director do centro penitenciario e este, á súa vez, acaba delegando, a devandita petición, nun dos educadores sociais dos módulos máis exemplares do Centro Penitenciario da Lama (Pontevedra).

O blog Referencias reflexiona esta semana sobre a situación na que se atopa a atención sanitaria infantil no mundo actual: "Seguir sometendo a saúde infantil á ameaza da neglixencia política e social é unha indignante forma de renunciar aos principios básicos e fracasar definitivamente como seres humanos"

Venres, 05 Agosto 2011 09:19

A cotización á alza da xenofobia

Eran os grandes protagonistas como Forza de Traballo (FT) no mercado laboral durante os anos dunha economía alegre e optimista. A outros niveis, contaban cun recoñecemento e a complicidade social para chegar a un grao absoluto de integración. Non existían dúbidas en abrir, de par en par, as portas da convivencia multicultural. A presión chegaba aos escanos do parlamento para que a lexislación marcase un futuro de garantías a aquelas persoas que optaban por migrar da súa realidade co obxectivo de forzar un 'cruzamento de camiños' coas oportunidades.

Estamos indubidablemente ante a pegada do cambio na política municipal. O máis estraño é o interese por borrar algúns proxectos do pasado que, hai uns meses, eran apoiados, referendados e consignados por un goberno municipal de parecida maquetación: BNG/PsdeG.O refuxio de animais non será unha realidade tan brillante como soñaban e demandaban os amantes dos animais.

Sábado, 25 Xuño 2011 14:06

Munición contra unhas finanzas letais

Armas pacíficas por unhas finanzas éticas. É o principal móbil dos activistas da organización social Amarante para esixir a determinadas entidades e bancos unha inmediata retirada dos seus investimentos na industria armamentística.

Acampar nas asembleas de Sol é un todo un exercicio de inmersión para coñecer as cavidades dun imparable movemento que esixe, canto antes, unha serie de reformas do actual sistema, asentado nunha evidente falta de Democracia Real.

A crítica situación social de México, nalgúns estados máis que noutros, é de tal envergadura que o propio sistema mostra continuas evidencias de incapacidade para mitigar e reducir o grao de violencia existente, así como as súas diversas manifestacións.

Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 2

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31