O blog Referencias analiza o uso perverso que se está a realizar dun modelo que garante necesidades tan básicas para o desenvolvemento individual e colectivo como a sanidade, educación ou servizos sociais.
As Coordinadoras Autonómicas de ONGD, reunidas en Barcelona no marco do seu IX Encontro Anual, piden ao novo goberno do Estado, e aos gobernos autonómicos, que non eliminen das súas axendas as políticas de loita contra a pobreza nun contexto de crise global.
Rolda unha palabra na mente da maioría dos españois dende fai un par de anos: CRISE. Trátase de cinco letras que apertan e, en moitos casos, ata afogan.
Estamos indubidablemente ante a pegada do cambio na política municipal. O máis estraño é o interese por borrar algúns proxectos do pasado que, hai uns meses, eran apoiados, referendados e consignados por un goberno municipal de parecida maquetación: BNG/PsdeG.O refuxio de animais non será unha realidade tan brillante como soñaban e demandaban os amantes dos animais.
Nos dous últimos anos, e coa escusa da crise, estamos asistindo a un debilitamento progresivo das políticas públicas de solidariedade que as Comunidades Autónomas e os concellos realizan desde a década dos 90. Baixo a consigna de “cumprir coa normativa en materia de estabilidade orzamentaria e déficit público”, estanse realizando recortes sociais que afectan directamente ás persoas máis vulnerables.
Unha representación das ONGD galegas presentou o luns 4 de xullo no rexistro de San Caetano máis dunha vintena de recursos administrativos contra as dúas ordes aprobadas o pasado 24 de maio pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics