O blog Referencias analiza o uso perverso que se está a realizar dun modelo que garante necesidades tan básicas para o desenvolvemento individual e colectivo como a sanidade, educación ou servizos sociais.
Foi un encargo por vía remota. Os responsables da IV Convención Anual da ONGD Agareso solicítanllo ao director do centro penitenciario e este, á súa vez, acaba delegando, a devandita petición, nun dos educadores sociais dos módulos máis exemplares do Centro Penitenciario da Lama (Pontevedra).
O blog Referencias reflexiona esta semana sobre a situación na que se atopa a atención sanitaria infantil no mundo actual: "Seguir sometendo a saúde infantil á ameaza da neglixencia política e social é unha indignante forma de renunciar aos principios básicos e fracasar definitivamente como seres humanos"
AGARESO celebrou o Día da Solidariedade conversando na Radio Galega e aproveitou a ocasión para recordar aos xornalistas desaparecidos no mundo e facer un repaso aos aspectos teóricos e prácticos do I Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional da ONGD na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O blog Referencias reflexiona sobre unha organización exemplar que non dubidou en apoiar os seus proxectos na Comunicación para o Desenvolvemento para amplificar a voz dos campesiños e desenvolver criterios nítidos de Soberanía Alimentaria.
Somos á vez participes e espectadores dun complexo societal no cal as minorías dirixen o destino das maiorías, onde os patróns occidentais imperan sobre os orientais, e no cal os criterios de validez e modos organizativos da norteamérica capitalista intentan liderar o mundo.
Un email cargado do virus da discriminación significou un despedimento fulminante para un mozo letrado que prestaba brillantes servizos administrativos nunha empresa dedicada á xestión pública e privada. Dunha rotunda e sonora felicitación a asinar unha carta de finalización de contrato.
A crítica situación social de México, nalgúns estados máis que noutros, é de tal envergadura que o propio sistema mostra continuas evidencias de incapacidade para mitigar e reducir o grao de violencia existente, así como as súas diversas manifestacións.
O desenvolvemento da Infancia depende da auga A auga é un ben escaso para a gran maioría da poboación. É un enunciado moi reiterado no tempo, pero obviar con frecuencia polos mandatarios do denominado concerto … Sigue lendo →

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics