Agora a xente dáse conta do que valen as cousas, aprenden, ou deberían aprender, a non malgastar, recórtanse gastos innecesarios, córtanse os luxos. Por desgraza existe outra cara, a das persoas que ven ben mermadas as súas posibilidades económicas. O aumento do paro, os desahucios, familias enteiras que non saben como saír disto.
E ben, agora que o estamos vivindo nas nosas propias carnes, agora que deberiamos ser moito máis solidarios cos que teñen moito, por non dicir moitísimo menos que nós, non se vai a destinar o 0,7% a Axuda ao Desenvolvemento.
Non só se esixe por lei senón que, a nivel moral, deberiamos ser conscientes de que axudar non custa tanto. Os políticos non se baixan os soldos, seguen existindo numerosas administracións que non serven máis que para encher petos dos que xa os teñen cheos, gástanse fondos públicos para miles de coches oficiais (pobriños, ¡como van gastar diñeiro en gasolina pra ir ao traballo!), ademais dun longo etcétera de gastos absurdos, pero non invertimos o que nos toca pra axudar.
Deberiamos facer inventario, aínda que só sexa mental, de todo o que temos e de todo o que nos sobra. E despois achegarnos a ese outro mundo, ao que denominamos subdesarrollado. Ver que moitos non dispoñen de auga potable, nin de electricidade, nin de acceso á educación, nin das “súas” terras (moitas roubadas por eses governos que din axudar), nin de boas condicións sanitarias, entre outras cousas. Si o facemos, o mesmo non resulta tan descabellado doar un 0,7% do total do produto interior bruto do noso país.
Eu seguirei marcando a X a favor da axuda social na declaración da renda, por min que non quede. Compartir é vivir.











