ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios
Comezan as gravacións para o programa final do obradoiro de televisión que Agareso e ACPP promoven no IES Antonio Fraguas, en Santiago de Compostela, no marco da iniciativa Escolas sen Racismo.
Nouakchott, 15 de maio de 2012 – Dende finais de xaneiro, preto de 160.000 persoas fuxiron de Mali e asentáronse en campos de refuxiados en Mauritania, Burkina Faso e Níxer. A inestabilidade no seu país segue a ser moi alta e as súas esperanzas de poder regresar nun futuro próximo vanse esvaecendo pouco a pouco. Ademais, outra ameaza cae agora sobre os refuxiados: a estación de choivas está a piques de chegar e o despregue da axuda complicarase aínda máis nas próximas semanas.
A Coordinadora Galega de ONGD organiza un curso de «Comunicación dixital e participación nas ONGD», unha formación semi presencial que contará cunha clase práctica que terá lugar o venres, 8 de xuño, en Santiago de Compostela, en horario de tarde e mañá.
O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto para denunciar as desigualdades no actual sistema de intercambio internacional e reivindicar a contribución ao desenvolvemento dos pobos desta fórmula alternativa. Agareso Radio visita as dúas tendas especializadas da cidade de Pontevedra para dar a coñecer as propostas de Amarante Setem e Solidariedade Internacional.
Pasaron catro anos e a sensación de escasa contribución ao desenvolvemento é crónica. Todos os investimentos en recursos humanos, materiais e técnicos son insuficientes ante unha insaciable demanda de necesidades sociais e humanas. Aquel sete de maio de 2008, unha longa lista de nomes, fieis ao compromiso, estampou a firma sobre un documento fundacional para dar vida á ONGD Agareso “Reporteiros Galegos Solidarios “ no despacho de avogados do xeneroso Jorge Paladino, situado na cidade de Pontevedra.
As organizacións Intermón Oxfam, Solidariedade Internacional de Galicia, Labañou Solidaria e a Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca, xunto con Fiare Banca Ética e os produtores locais Millo e Landras, a Horta do Sacho, Val de Barcia e a Cooperativa Raíña Lupa estarán presentes durante o sábado 12 de maio, desde as 11:00 ata as 20:00 horas, na Praza de Pontevedra, para celebrar o Día Internacional do comercio xusto.
A Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias (FAGAL) quere facer pública a súa preocupación ante as declaracións realizadas o pasado xoves 3 de maio no Parlamento de Galicia polo Valedor do Pobo, Don Benigno López, en relación a Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
A gravadora é a fiel aliada da e do xornalista radiofónico. Iso foi o primeiro que aprenderon a quincena de estudantes que desde mediados de abril participan no obradoiro impartido por Agareso no CEIP López Ferreiro. O centro compostelán forma parte hai tempo da rede Escolas sen Racismo, promovida por Asemblea de Cooperación pola Paz, e este ano avanza na educación e a comunicación para o desenvolvemento a través da radio.
O programa 'Zona ONG' achéganos esta vez á confederación Aspace, que agrupa as principais entidades de atención á parálise cerebral en España. Conversamos coa súa xerente en Galicia, Ana Prieto, e con Eulogio López, xerente de Aspace Coruña, onde naceu A Radio dos Gatos.
Download Embed Insertar este video en tu web
ONG de dereitos humanos presentaron dous informes ante o Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (Comité DESC) da ONU nos que se alerta sobre a posible vulneración de compromisos internacionais en materia de dereitos humanos. Ademais, as ONG apuntan recomendacións concretas orientadas a superar a actual situación de crise respectando os devanditos compromisos.
A Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento-España participou na elaboración dun informe alternativo coordinado por CESR que foi presentado ante o Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de Nacións Unidas, con motivo da 48 sesión do Comité en maio de 2012.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics