"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise Reflexións. Manuel Dios Amosando elementos por tag Educación Sen Fronteiras
Amosando elementos por tag Educación Sen Fronteiras

A educación é o piar fundamental do desenvolvemento, pero non en todos os contextos é útil o mesmo tipo de formación. Cando os recursos económicos escasean e os nenos e nenas deixan a escola para axudar aos seus pais no seu traballo, hai que pensar en equilibrar a teoría e a práctica. Pensar en que tipo de educación contribuiría a mellorar as súas condicións de vida. Este é o obxectivo dos proxectos educativos da Asociación Chira e Educación sen Fronteiras.

Publicado Reportaxes

Con motivo da Semana Mundial pola Educación (SAME 2011), tiveron voz no Parlamento de Galicia 10 centros educativos galegos e representantes das ONGD que encabezan esta campaña: Axuda en Acción, Entreculturas, Educación Sen Fronteiras, Seminario Galego de Educación para a Paz, Intered, Jóvenes y Desarrollo.

Publicado Galicia
Luns, 10 Xaneiro 2011 21:02

Convivencia e Participación

Ninguén pode estar en contra de lexislar en materia de convivencia ou de participación nunha sociedade democrática. Participación e convivencia escolar son, ademais, dous factores recoñecidos da calidade do ensino. Polo tanto, o debate non pode ser sobre a pertinencia ou non de elaborar unha lei en Galicia que amplíe, mellore e desenvolva o que xa temos avanzado sobre participación e convivencia, que non é pouco, como comentarei a continuación.

Entrevista con Miguel Rodríguez, voluntario da ONGD Educación Sen Fronteiras Galicia, entidade coa que colabora desde hai un ano.

Publicado Entrevistas

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda