"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise Reflexións. Manuel Dios Amosando elementos por tag educación
Amosando elementos por tag educación
Venres, 03 Febreiro 2012 12:30

Veñen tempos escuros

Parece que estamos condenados –irremisiblemente- a vivir reformas (ou contrarreformas) educativas cada vez que se produce un cambio de goberno. Nisto somos únicos. Con acordo ou sen el, poñemos todo patas arriba: contidos, organización, obxectivos, materias, denominacións, estrutura... ¡cada dous anos e medio!. Unha cifra de marca. Resulta difícil atopar algo similar no mundo. Parece delirante, unha auténtica maquinación para tolear ó alumnado, pais e nais, profesorado, en definitiva, a toda a comunidade educativa.


O blog Referencias analiza o uso perverso que se está a realizar dun modelo que garante necesidades tan básicas para o desenvolvemento individual e colectivo como a sanidade, educación ou servizos sociais.

Publicado Blog-Referencias

A educación é o piar fundamental do desenvolvemento, pero non en todos os contextos é útil o mesmo tipo de formación. Cando os recursos económicos escasean e os nenos e nenas deixan a escola para axudar aos seus pais no seu traballo, hai que pensar en equilibrar a teoría e a práctica. Pensar en que tipo de educación contribuiría a mellorar as súas condicións de vida. Este é o obxectivo dos proxectos educativos da Asociación Chira e Educación sen Fronteiras.

Publicado Reportaxes

O director xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo Alller, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, xunto ao resto da delegación, tiveron este mércores unha intensa xornada de traballo e verificación de proxectos no departamento de Piura, o norte de Perú.

Publicado Reportaxes

Os conflitos armados privan a 28 millóns de nenos da posibilidade de instruírse e exponos ao risco de ser vítimas de violacións e outros abusos sexuais, ao tempo que propician ataques contra as escolas e atentados contra os dereitos humanos, segundo o Informe de Seguimento da Educación para Todos no Mundo 2011 editado pola UNESCO.

Publicado Reportaxes

CIC BATÁ convoca un Encontro e Laboratorio de Acción en Educación e Comunicación para o desenvolvemento, que persegue o intercambio de experiencias que fomenten a participación activa da cidadanía na transformación das súas realidades.

As ONGD Intered Galicia e Mans Unidas participan este ano na organización de dous cursos de formación no marco da Universidade de Verán 2011, en Santiago de Compostela. E Enxeñería sen Fronteiras e Seminario Galego de Educación para a Paz, participarán nas ponencias dun curso sobre participación e xuventude.

A crítica situación social de México, nalgúns estados máis que noutros, é de tal envergadura que o propio sistema mostra continuas evidencias de incapacidade para mitigar e reducir o grao de violencia existente, así como as súas diversas manifestacións.

Publicado Blog-Referencias

Con motivo da Semana Mundial pola Educación (SAME 2011), tiveron voz no Parlamento de Galicia 10 centros educativos galegos e representantes das ONGD que encabezan esta campaña: Axuda en Acción, Entreculturas, Educación Sen Fronteiras, Seminario Galego de Educación para a Paz, Intered, Jóvenes y Desarrollo.

Publicado Galicia

ACNUR, co apoio de Intervida, despregará nas provincias da fronteira norte de Ecuador, con Colombia, un programa de integración educativa para a poboación infantil de refuxiados e solicitantes de asilo colombianos. O obxectivo é garantir o acceso á educación dos menores desprazados mediante a supresión de todas as barreiras que o impiden.

Publicado Mundo
Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 2

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda