Dous mil once pasará á historia como un ano de éxito para a dignidade humana. O activismo de dereitos humanos nunca foi máis actual ou máis vital, e a través do poder transformador dos medios de comunicación social, persoas correntes convertéronse en activistas de dereitos humanos. Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos , a ONU quere render unha homenaxe a todos os defensores destes dereitos, e pide aos cidadáns que participen no movemento mundial, para que máis persoas coñezan, esixan e defendan os seus dereitos.
Save the Children invita aos adolescentes a visitar 'Tuentilvania' para axudarlles a protexer a súa privacidade en Internet. A ONG lanza a segunda edición da súa campaña 'De aquí non pasas ' que conta co apoio do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, da Obra Social de Caixa Madrid e a colaboración da axencia Visual Noise.
Non é por facer publicidade desta rede social, a verdade, non creo que hoxe en día faga falta e nin sequera haxa que contar as súas bondades cando conta con máis de 100 millóns de usuarias/os e diariamente xera máis de 55 millóns de mensaxes. Independentemente de que Twitter é o paradigma do borrollismo na rede, que en contadas ocasións se propoñen conflitos públicos e todos somos bos, colaborativos e devoradores de información, hoxe en día non estar en Twitter é estar torto na rede.
A cooperación e solidariedade galegas teñen un grave problema de comunicación 2.0. De feito, apenas existen na web 2.0. E isto resta impacto ás tarefas de sensibilización e de visibilidade dos proxectos galegos de cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics