Fernando Blanco Arce, Antón Gómez-Reino (Tone), Alejandro Andares, Xesús Ramón Bao e Elvira Souto, xunto a cerca de corenta activistas que embarcarán no Gernika, partiron este mércores 22 de xuño do aeroporto de Barajas.
Neste último mes son varios os campamentos de refuxiados que a miña profesión me levou a visitar. Como en calquera conflito tan só varían as paisaxes, as caras adoitan ter a mesma expresión, os nenos son nenos en calquera lugar.
A ONG Human Rights Watch denunciou o acoso ao que se enfrontan os xornalistas por parte da Autoridade Palestina e as forzas de seguridade de Hamás en Cisxordania e a Franxa de Gaza e pediu o fin destes abusos.
O Secretario Xeral da ONU condenou enerxicamente o ataque con bomba perpetrado o mércores 23 de marzo de 2011 nunha parada de autobús en Xerusalén Oriental, que causou a morte dunha muller e deixou máis de 30 civís israelís feridos, algúns deles de gravidade, así como o ataque de Israel na Franxa de Gaza producido o día anterior, no que morreron tres nenos palestinos e un dos seus familiares, ademais de deixar a trece civís feridos.
Mohammed Y.K., Mustafa N.H., Sami O.H., Mohammed M.M., Ahmed M.I., Abdalrahman Y.M., Mahmoud J.S., Rahaf S.M. e Hasan A.M. xa están en España para ser tratados en varios hospitais valencianos. Son cativos de entre 3 e 13 anos que viven na esmagada Franxa de Gaza.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics