A través da rede REAL CODE, promovida por docentes das tres universidades galegas, esta semana celebran o seu primeiro encontro presencial para establecer liñas de traballo conxuntas.
O perfil maioritario das persoas consideradas 'sen teito' estaba ata o de agora conformado por homes de entre 45-50 anos, con problemas de drogadicción, alcoholismo ou paro, que ademais estaba só, e con falta de redes de apoio familiar e social. En 2010, uníronse novos colectivos a este grupo de persoas en risco de exclusión social: cada vez hai máis mulleres, mozos, persoas maiores e migrantes.
Entre 4.000 e 5.000 persoas, segundo a fonte, participaron o domingo día 3 na manifestación de Santiago que pechou a Marcha polo Emprego organizada pola Confederación Intersindical Galega. Esta camiñata reivindicativa comezou cun cento de parados e representantes sindicais que, con algunhas baixas polo camiño, percorreron os 90 quilómetros por estrada que separan Vigo da capital.
Cristina Pet ofrece un resumo semanal das novas relacionadas coas persoas con discapacidade, grazas o traballo que está a desenvolver a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Visibilizar estas realidades é o obxectivo deste boletín informativo.
Download Embed Insertar este video en tu web
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org), dirixido por Xulio Ríos, ven de publicar o segundo informe anual “IGADI WW- We in the World 2011: Nós no Mundo”, baixo o título “Menos acción exterior para internacionalizarse máis?”, un documento que pretende sensibilizar e reflexionar sobre os principais parámetros e retos da acción exterior de Galicia en 2011.
Ninguén pode estar en contra de lexislar en materia de convivencia ou de participación nunha sociedade democrática. Participación e convivencia escolar son, ademais, dous factores recoñecidos da calidade do ensino. Polo tanto, o debate non pode ser sobre a pertinencia ou non de elaborar unha lei en Galicia que amplíe, mellore e desenvolva o que xa temos avanzado sobre participación e convivencia, que non é pouco, como comentarei a continuación.
Cáritas prevé un "repunte" en febreiro pola retirada dos 426 euros e Meniños pide actuar para "reverter" as taxas de exclusión.
A Xunta modifica a normativa actual, que data do ano 2000, para introducir melloras, facela máis eficiente e efectiva e adaptala ás novas liñas do voluntariado da Unión Europea. O anteproxecto, no que xa se incluíron as alegacións presentadas polas principais asociacións de acción voluntaria da comunidade, prevé que os voluntarios poidan acreditar a súa experiencia a través de certificacións
Cada ano, os nenos e nenas do programa ‘Vacacións en Paz’ enfróntanse aos contrastes en apariencia irreconciliables entre a vida nunha xaima dos campos de refuxiados do Sáhara alxeriano e unha casa con todas as comodidades de Sanxenxo (Pontevedra).
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento pon en marcha a campaña 100 Km x 1 Pacto = Pobreza 0. Con esta iniciativa quérese acadar un Pacto Galego contra a Pobreza.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics