"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise As Partículas Elementais 600 millóns por 600 millóns
Xoves, 13 Maio 2010 20:53

600 millóns por 600 millóns

Escrito por Alberto Quian
Valore este artigo
(0 votos)

O presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, deu un volantazo á dereita e impón unha política antisocial para reducir o déficit público.

Para os que traballamos en proxectos de cooperación, a redución en 600 millóns de euros da axuda oficial ao desenvolvemento, entre este ano e o 2011, é unha traizón ao compromiso que adquiriu Zapatero coa axuda humanitaria e a cooperación internacional. A medida fai imposible acadar en 2012 o obxectivo do 0,7% e é unha patada aos desfavorecidos e marxinados polo sistema, aos máis castigados pola crise global causada pola aristocracia financeira dos países desenvolvidos, que se mantén incólume, inmune e impune.

Agora o mellor é intentar axudar o presidente do Goberno español a recobrar a cordura achegando solucións. A miña proposta é a que eu chamo 600 millóns por 600 millóns: cobrar aos clubs de fútbol español os 627 millóns de euros que deben a Axencia Tributaria (cifra publicada en 2009) e non tocar a partida de cooperación ao desenvolvemento, podendo manter así os obxectivos de redución do déficit público. Os números cadran.

É unha medida de xustiza social e coherente: os 600 millóns do fútbol polos 600 millóns da solidariedade para atallar o déficit fiscal do Estado español.

Información adicional

  • Subtítulo:
Alberto Quian

Alberto Quian

Nacín en Vigo o 7 de agosto de 1976. No ano 2000 comecei a miña carreira como xornalista, sempre ligado aos medios impresos, ata que no 2008 din un xiro co Máster en Xornalismo Dixital da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Dende entón desenvolvo o meu traballo no eido dixital. Son redactor, columnista, community manager, delegado en Madrid e responsábel da Área Dixital e Xestión de Contidos de AGARESO, labor que compaxino coa miña actividade en internet a través do meu blog e redes sociais, e con traballos para distintas empresas públicas e privadas no eido dixital e en medios tradicionais. Tras incorporar no ano 2009 a AGARESO ao mundo 2.0 das redes sociais, en 2010 completei a renovación dixital da ONGD dirixindo a creación e o lanzamento desta web na que me aloxo, que estreamos o 30 de setembro dese mesmo ano. Coido que son un xornalista analóxico que dixitaliza información, un xornalista dixital cunha vida analóxica e membro dunha especie analóxica en vías de extinción dixital. Ou talvez todo o contrario.

Páxina web www.mcshuibhne.com E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31