"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
A Análise
A Análise

A Análise (42)

Este é o espazo de análise e opinión de AGARESO.

As Partículas Elementais

Alberto Quian

Nacín en Vigo o 7 de agosto de 1976. No ano 2000 comecei a miña carreira como xornalista, sempre ligado aos medios impresos, ata que no 2008 din un xiro co Máster en Xornalismo Dixital da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Dende entón desenvolvo o meu traballo no eido dixital. Son redactor, columnista, community manager, delegado en Madrid e responsábel da Área Dixital e Xestión de Contidos de AGARESO, labor que compaxino coa miña actividade en internet a través do meu blog e redes sociais, e con traballos para distintas empresas públicas e privadas no eido dixital e en medios tradicionais. Tras incorporar no ano 2009 a AGARESO ao mundo 2.0 das redes sociais, en 2010 completei a renovación dixital da ONGD dirixindo a creación e o lanzamento desta web na que me aloxo, que estreamos o 30 de setembro dese mesmo ano. Coido que son un xornalista analóxico que dixitaliza información, un xornalista dixital cunha vida analóxica e membro dunha especie analóxica en vías de extinción dixital. Ou talvez todo o contrario.

Ver elementos ...
Lapsus Linguae

Fidel Martín

Nado en Vigo en plena Primavera de Praga e semanas antes do Maio Francés e deslocalizado fai moitos anos. Desde fai algúns lustros, en estreita relación co Sector Non Lucrativo, primeiro como voluntario e despois como profesional. Aínda que traballei en varios campos, como non podía ser doutra forma neste sector, foi a Cooperación Internacional o que me enganchou no seu momento e no que máis traballei. Fun secretario da Coordinadora Galega de ONGD e dende o ano 2005 deica o 2009, membro do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento. Na actualidade traballo como consutor independente e con outros profesionais do sector solidario constituímos o Instituto de Estudos Sociais e Internacionais (IESI). Apaixonado polas novas tecnoloxías, bloguero en www.fidelmartin.com e presente en case todo iso que chaman 2.0.

Ver elementos ...
O comunicador ambiental

Marcial Barros

Residente en Caracas, Venezuela. Galardoado co Premio Nacional de Xornalismo Ambiental 2009 pola Fundación Kathy Phelps, Estudos de Comunicación Social na Universidade Católica Cecilio Acosta e Publicidade no Instituto Universitario de Novas Profesións. Idiomas: inglés en Canoga Park High Schooll LA (California), italiano na Universidade de Los Andes. Xefe de Medios en Caracas do Movemento Ecolóxico de Venezuela, con experiencia laboral como publicista, comunicador social en CMT, Televen, Fe e Alegría.

Ver elementos ...
Blog-Referencias

Referencias

Espacio donde Tercer Sector e Xornalismo son capaces de convivir.

Ver elementos ...
Martes, 21 Febreiro 2012 12:51

O inferno das mazmorras hondureñas

Escrito por Juan de Sola

O desastre humano do cárcere de Comayagua, en pleno corazón de Honduras, é froito dunha falta de "todo" no cumprimento dos Dereitos Humanos. A cifra podería acariñar os catro centenares de mortos atrapados nun incendio dun centro penal que, polas características coñecidas, máis ben representaría aos presidios de outrora. Un espazo de reclusión convertido nunha rateira mortal ante a ausencia manifesta de responsabilidade gobernamental, administrativa e profesional.


Venres, 03 Febreiro 2012 12:30

Veñen tempos escuros

Escrito por Manuel Dios Diz

Parece que estamos condenados –irremisiblemente- a vivir reformas (ou contrarreformas) educativas cada vez que se produce un cambio de goberno. Nisto somos únicos. Con acordo ou sen el, poñemos todo patas arriba: contidos, organización, obxectivos, materias, denominacións, estrutura... ¡cada dous anos e medio!. Unha cifra de marca. Resulta difícil atopar algo similar no mundo. Parece delirante, unha auténtica maquinación para tolear ó alumnado, pais e nais, profesorado, en definitiva, a toda a comunidade educativa.


Son xa moitos anos. Moitas cousas teñen cambiado desde 1985, cando empezamos a promover a celebración nas aulas galegas do Día Escolar pola Paz. Tiñamos pelo. Menos anos. A mesma ilusión.


O blog Referencias analiza o uso perverso que se está a realizar dun modelo que garante necesidades tan básicas para o desenvolvemento individual e colectivo como a sanidade, educación ou servizos sociais.

Son xa moitos anos. Moitas cousas teñen cambiado desde 1985, cando empezamos a promover a celebración nas aulas galegas do Día Escolar pola Paz. Tiñamos pelo. Menos anos. A mesma ilusión.

 

Xoves, 19 Xaneiro 2012 09:01

'A Caracas que soño'

Escrito por Marcial Barrios
"A Caracas que soño é unha Caracas, ecolóxica, limpa, organizada, con custodia policial fixa e non itinerante ou espasmódica" Ao corenta anos da miña existencia -case todos vividos en Caracas-, vexo que son algúns os logros dentro das políticas públicas de todos aqueles mandatos que recordo, comezando desde Luís Herrera até os nosos tempos revolucionarios. 
Venezuela ten representante mundial do ambiente. Manuel Díaz, presidente executivo da Federación de Partidos Verdes da América e membro da xunta directiva mundial da Global Green.
A comunicación é un dereito humano fundamental. Non só por si mesma, senón como ferramenta para facer posible que se cumpran outros dereitos. Por tanto a comunicación para o desenvolvemento debe ser un dos alicerces fundamentais da cooperación.
Venres, 07 Outubro 2011 18:58

Referencias.- As follas do 'condenado' calendario

Escrito por Juan de Sola

Foi un encargo por vía remota. Os responsables da IV Convención Anual da ONGD Agareso solicítanllo ao director do centro penitenciario e este, á súa vez, acaba delegando, a devandita petición, nun dos educadores sociais dos módulos máis exemplares do Centro Penitenciario da Lama (Pontevedra).

Venres, 07 Outubro 2011 17:30

Recortamos o irrecortable

Escrito por Sabela Cinza
Rolda unha palabra na mente da maioría dos españois dende fai un par de anos: CRISE. Trátase de cinco letras que apertan e, en moitos casos, ata afogan.
Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 3

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Últimos comentarios

Calendario

« Febreiro 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29