non-che-doe‘Non che doe?’ recolle testemuños das desigualdades que existen entre sociedades, pero tamén do gran traballo que realizan os integrantes das brigadas sanitarias da ONGD Solidariedade Galega en Nicaragua.

O rostro iluminado de Arling cos seus novos lentes, o sorriso de Anielka ó poder ler despois de vivir anos case cega, a alegría dos nenos do colexio de Murra por un simple cepillo de dentes, a enteireza de Flavia malia saber desde ben cedo o dura que é a vida, os fermosos ollos de Isaí, que levaba meses co brazo roto ou a emoción de ver nacer un bebé cuxo nome descoñecemos… Estas son algunhas das historias que amosa este documental de Agareso.

Historias de nenos, mulleres ou anciáns que contan en primeira persoa parte da súa vida, composta como a de todos, por alegrías e penas, aínda que inmersas nunha realidade ben distinta, a pobreza.

O documental ten unha duración de 36 min. Versión en galego.

NON CHE DOE? de Loreto Costa del Río en Vimeo.